miércoles, 19 de septiembre de 2012

BENVID@S AO CURSO 2012/13



Queridas/os alumnas/os e familias, deséxovos un moi bo comezo de curso. Alimentádevos de ilusión para iniciar unha nova aventura. Depáranos un mundo cheo de sorpresas.

Déixovos unha imaxe (que esta SI vale máis de mil palabras) da miña estadía por terras cubanas. Estas/es nenas/os son da clase de 5 anos (homólogas/os) dunha escola rural de Cuba. Os seus sorrisos e as súas infinitas ganas de aprender fixeron que hoxe quixera contaxiarme da súa maxia para convidarvos a avanzar nos nosos soños. Nada, nada é imposible. Comezamos!