miércoles, 15 de diciembre de 2010
MÁIS PISTAS...
...Como a curiosidade é unha das nosas principais características, aquí tedes outra pista máis do noso pequeno experimento...Pensade, pensade...
CHEGOU O NADAL
O Nadal está a piques de comezar e na clase dos elefantes xa o estamos a celebrar. Mirade que calendario de advento máis bonito realizado por unha das mamás (Paula) e que felicitacións tan creativas e orixinais. Desculpade a tardanza pero os remates de trimestre semellan unha carreira sen meta...Unha aperta elefantina!
viernes, 19 de noviembre de 2010
NON DEIXEDES DE ESCOITALA!!!!!!!!!!!!!
Despois de escoitar e ver isto, dixen: "Ajá, xa temos himno". Unha versión moi bonita de Luar na lubre. Unha marabilla. Espero que vos guste tanto como á profe!!! Agora, terei que aprender ben esta versión...Un saúdo. Boa finde (UA,UA,UA).
http://www.youtube.com/watch?v=Koe9NAby8Vs&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=Koe9NAby8Vs&feature=related
miércoles, 17 de noviembre de 2010
A ELEFANTA DORI
Sabedes que os elefantes tamén son escritores? Empezamos a crear un conto de elefantes e quixemos que a súa protagonista se chamara Dori e vivira en África. Pedimos a vosa colaboración para ir narrando esta magnífica historia, que xa tén moi boa pinta. Estade atentos as notas que envíamos periodicamente.
miércoles, 10 de noviembre de 2010
QUE SERÁ SERÁ?
jueves, 4 de noviembre de 2010
OUTRO BLOG AMIGO, PARA O VOSO INTERESE
Podedes seguir as actividades levadas a cabo polo ENDL do centro Manuel Respino no seguinte enderezo:
Na última entrada deste blog, aparecen as cabazas que presentaron todas as alumnas e alumnos do centro. Botádelle unha ollada "sen medo".
Na última entrada deste blog, aparecen as cabazas que presentaron todas as alumnas e alumnos do centro. Botádelle unha ollada "sen medo".
miércoles, 3 de noviembre de 2010
OS ELEFANTES CELEBRARON O SAMAÍN
Aquí tedes a cabaza "Elefantina", que as nenas e nenos de 3 anos presentaron no cole na celebración do Samaín.
sábado, 23 de octubre de 2010
BENVIDOS/AS A NOSA FAUNA
As alumnas e alumnos de 3 anos do CEIP Manuel Respino (A Rúa, Ourense) decidiron por votación popular rexistrar a súa clase co nome da clase dos elefantes. A través deste blog, daremos a coñecer a nosa actividade "elefantina" e compartir convosco todas aquelas experiencias que sirvan para agrandar a nosa aprendizaxe. Creatividade, emoción e diversión son algúns dos ingredientes que, de seguro, non faltarán. Benvid@s. Comezamos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)