miércoles, 8 de mayo de 2013

viernes, 15 de marzo de 2013

Estimadas familias:

Permitídeme que dende este outro "lado das cousas", poida enviarvos, non tanto a título profesional, senón persoal, un belo discurso -que me lembrou á miña actividade coas nenas e nenos- do filme "La lengua de las mariposas". Apertas. Ata pronto!

*Agardo, en breve, poder engadir as fotos do Samaín e do Magosto. Desculpas.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

SAMAÍN E MAGOSTO

Din que o outono é una estación triste, pero nós tamén soubemos sacarlle partido. Aí tedes unhas imaxes do Samaín e dos traballiños expostos do Magosto. Deica logo familias!
 2012-10-30 16.49.29.jpg
 2012-10-31 16.18.41.jpg

2012-11-08 15.58.34.jpg

miércoles, 19 de septiembre de 2012

BENVID@S AO CURSO 2012/13



Queridas/os alumnas/os e familias, deséxovos un moi bo comezo de curso. Alimentádevos de ilusión para iniciar unha nova aventura. Depáranos un mundo cheo de sorpresas.

Déixovos unha imaxe (que esta SI vale máis de mil palabras) da miña estadía por terras cubanas. Estas/es nenas/os son da clase de 5 anos (homólogas/os) dunha escola rural de Cuba. Os seus sorrisos e as súas infinitas ganas de aprender fixeron que hoxe quixera contaxiarme da súa maxia para convidarvos a avanzar nos nosos soños. Nada, nada é imposible. Comezamos!

martes, 24 de abril de 2012

HANSEL E GRETEL NO DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)

Velaquí tedes unha pequena mostra destas doces casiñas de Hansel e Gretel en commemoración do Día do Libro. Agardamos que sexan do voso agrado, e que leades moito para fantasear tanto ou máis ca nós.

miércoles, 8 de febrero de 2012

AI ESTA GRIPE!

Seica a gripe está a ocasionarnos moitas baixas na clase dos elefantiños. Mesmo a profe tamén anda así a así...Bueno, recuperádevos ben: vitamina, camiña e o que diga o/a médico. Déixovos un vídeo que sei con toda seguridade que vos gusta. Moitos, moitos mimiños da profe Bea.