miércoles, 28 de noviembre de 2012

SAMAÍN E MAGOSTO

Din que o outono é una estación triste, pero nós tamén soubemos sacarlle partido. Aí tedes unhas imaxes do Samaín e dos traballiños expostos do Magosto. Deica logo familias!
 2012-10-30 16.49.29.jpg
 2012-10-31 16.18.41.jpg

2012-11-08 15.58.34.jpg

miércoles, 19 de septiembre de 2012

BENVID@S AO CURSO 2012/13



Queridas/os alumnas/os e familias, deséxovos un moi bo comezo de curso. Alimentádevos de ilusión para iniciar unha nova aventura. Depáranos un mundo cheo de sorpresas.

Déixovos unha imaxe (que esta SI vale máis de mil palabras) da miña estadía por terras cubanas. Estas/es nenas/os son da clase de 5 anos (homólogas/os) dunha escola rural de Cuba. Os seus sorrisos e as súas infinitas ganas de aprender fixeron que hoxe quixera contaxiarme da súa maxia para convidarvos a avanzar nos nosos soños. Nada, nada é imposible. Comezamos!

martes, 24 de abril de 2012

HANSEL E GRETEL NO DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)

Velaquí tedes unha pequena mostra destas doces casiñas de Hansel e Gretel en commemoración do Día do Libro. Agardamos que sexan do voso agrado, e que leades moito para fantasear tanto ou máis ca nós.

miércoles, 8 de febrero de 2012

AI ESTA GRIPE!

Seica a gripe está a ocasionarnos moitas baixas na clase dos elefantiños. Mesmo a profe tamén anda así a así...Bueno, recuperádevos ben: vitamina, camiña e o que diga o/a médico. Déixovos un vídeo que sei con toda seguridade que vos gusta. Moitos, moitos mimiños da profe Bea.

martes, 31 de enero de 2012

TUTIRA MAI (canción tradicional de Nova Zelanda)

Aquí tedes a canción que estamos traballando no proxecto da viaxe dos elefantiños polo mundo (en este caso Oceanía). Divertídevos! Esmorga e ilusión!

viernes, 6 de enero de 2012

FELIZ 2012!

Déixovos este vídeo para que comprobedes o "rico" que é aprender idiomas e conservar os da nosa cultura. Feliz 2012 familias!