miércoles, 15 de diciembre de 2010

MÁIS PISTAS...

...Como a curiosidade é unha das nosas principais características, aquí tedes outra pista máis do noso pequeno experimento...Pensade, pensade...

CHEGOU O NADAL


O Nadal está a piques de comezar e na clase dos elefantes xa o estamos a celebrar. Mirade que calendario de advento máis bonito realizado por unha das mamás (Paula) e que felicitacións tan creativas e orixinais. Desculpade a tardanza pero os remates de trimestre semellan unha carreira sen meta...Unha aperta elefantina!