jueves, 29 de diciembre de 2011

O NOSO CALENDARIO DE ADVENTO (CON PALABRAS)


Velaquí o calendario de advento que tantas palabras exóticas e novas nos trouxo...Desculpade a calidade das imaxes. Aproveito ao mesmo tempo para desexarvos un 2012 cheo de ledicia e ilusión. Apertas elefantinas dende Lugo.

martes, 1 de noviembre de 2011

A VIAXE DOS ELEFANTES... OCEANÍA UN MUNDO ANIMAL E VEXETAL POR DESCUBRIR!

Ola a todas/os!

Pasaron as vacacións, comezamos un novo curso (2011/2012), non exento de crispación polos recortes no ensino público, porén os elefantiñ@s decidimos emprender viaxe ao fantástico para estimular a nosa "máquina de pensar".
Por votación popular, quixemos comezar a coñecer algunhas cousiñas dese continente chamado Oceanía que tan lexos aparece no mapa mundi da clase.
Velaquí tedes un aperitivo da súa fauna e flora:

miércoles, 8 de junio de 2011

Descobrindo a laverquiña



O ENDL do noso centro publica anualmente a revista "A laverquiña". Hoxe quixemos saber algo máis sobre esa ave, descoñecida para os nosos elefantes, e que forma parte da nosa fauna galega. Animádevos a participar na portada da nosa revista, tendo como temática de base a esta fermosa ave. Graciñas.

miércoles, 4 de mayo de 2011

A, E , I, O, U

Dende hai unhas semanas estamos a traballar coas vocais en clase. Polo momento comezamos a taraballar a vogal A na escritura. Esta mañá os elefantiños decidiron que vexades connosco esta ligazón tan divertida.

domingo, 1 de mayo de 2011

O PARAUGAS PROTECTOR


Este é o paraugas protector que fixemos na clase dos elefantiños e que foi presentado para concurso de reciclaxe. Este paraugas medra na primavera, por iso vedes ese arco da vella de cores e flores, e pretende "protexernos" das malas novas (novas recollidas en xornais e revistas). Agardamos que vos guste, que moito traballiño nos deu...

miércoles, 6 de abril de 2011

CONTACONTOS BOCABERTA

O pasado mes de marzo os elefantiños mais o resto de alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria tivemos a grata oportunidade de asistir a un contacontos realizado polo grupo Bocaberta. Achegámosvos unhas fotografías que amosan a maxia e ledicia que espertaron en nós. Ás veces a mellor semente é a ilusión. Velaquí a proba!

jueves, 17 de marzo de 2011

ENTROIDO INDIO

O pasado 4 de marzo celebramos no centro o Entroido. Velaquí unha proba da nosa imaxe india.

lunes, 31 de enero de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

...Hoxe celebraremos no colexio o día internacional da Paz...Na clase dos elefantiños falamos desa palabra tan abstracta para nós como é a PAZ. Fíxemos unha choiva de ideas e chegamos a conclusión de que a paz non é soamente a ausencia de guerras, senón que a paz é tamén unha actitude na vida, no noso día a día, coas familias, os compañeiros, os profes... De tódolos xeitos, A EDUCACIÓN EN VALORES forma parte do noso día a día e debémola ter presente sempre con independencia da data que marque o calendario.

viernes, 14 de enero de 2011

FELIZ ANO 2011...COMEZAMOS FORTE!

O balance do primeiro trimestre foi sumamente positivo, os elefantiños aprendemos moitas cousas e sobre todo fomos coñecendo e curioseando o noso "habitat", o colexio. As rutinas, as normas, a convivencia, os contos, os traballiños, as festas de interese foron enchendo o noso baúl de lembranzas, que xa por sempre, deixaran pegada na nosa "máquina de pensar".

Aprendemos a funcionar a través da experiencias reais, dando o noso traballo un significado existencial e empírico das cuestións que se nos presentan...Unha proba delo foi o experimento coa planta de valeriana. Esperamos que vos gustase e agardamos que o que estamos a piques de comezar sexa tamén do voso gusto. Como din que unha imaxe vale mais que mil palabras, e seguindo coa nosa particular forma de enviarvos "pistas", aí vai un dato...Ollo ao dato pois!